- Ecoloxistas en Acción denunciou ante as adiministracións locais e autonómica a realización de sondeos ilegais que carecen de autorización nin de Plan de Restauración ou Estudo de Impacto Ambiental asociado.
- A organización ecoloxista solicita a paralización inmediata dos sondeos, por tratarse de actividades que carecen das preceptivas autorizacións mineira, ambiental e urbanística, e a apertura dos correspondentes procedementos sancionadores contra os infractores.
A empresa mercantil CORCEL MINERALS SL. ven de anunciar a través da súa matriz EUROBATTERY MINERALS AB que iniciou neste mes de xuño de 2021 unha nova campaña de sondeos, con 1 km de sondeos previsto, segundo se indica na páxina corporativa para invsersores.
Estos sondeos foron contratados á empresa GEONOR SERVICIOS TÉCNICOS, S.L., unha empresa que xa realizou ilegalmente, sen autorización da Dirección Xeral de Política Enerxética e Recursos Naturais nin autorización urbanística municipal, catro sondeos en 2019 que foron denunciados no seu día.
Ecoloxistas en Acción denuncia que a día de hoxe continúan carecendo das preceptivas autorizacións. para realizar sondeos. Ningún dos sondeos ilegais ten un Plan de Restauración ou Estudo de Impacto Ambiental asociados, non tendo sido sometidos a información pública nin ao exame dos distintos organismos sectoriais para avaliar os seus potenciais impactos.
Sinalan que os sondeos se sitúan nunha zona de especial valor e alta singularidade ecolóxica: a zona húmida da Braña da Serra. Unha zona cuxa protección se ten instando repetidamente por distintos colectivos ambientais. Resaltan que ao tratarse de sondeos inclinados, estos poden afectar a acuíferos e ao nivel freático.
La entrada Denuncian sondeos mineiros ilegais en Coristanco e Sta. Comba aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires