Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Denuncian que continúan as obras na mina de Touro apesar de non ter resolución favorable

  • Ecoloxistas en Acción denuncia que a mercantil Explotaciones Gallegas continúa coas obras do proxecto de drenaxe integral para as augas da mina de Touro a pesar de que non ten resolución de Augas de Galicia.
  • A organización ecoloxistas subliña que a propia área de Vertidos de Augas de Galicia desconselleou seguir adiante co proxecto de drenaxe integral que presentou Explotaciones Gallegas, antes de que saira a información pública.

Minas de TouroEn setembro de 2021 saiu a información pública un proxecto de drenaxe integral, presentado pola mercantil Explotaciones Gallegas a requerimento da Xefatura Territorial de mina e que está a tramitar o organismo de Augas de Galicia. Un requerimento da administración galega que xurde á raíz dunha visita de inspección realizada en xullo de 2018 onde se constata a continua drenaxe ácida de mina que sufren os ríos do entorno da mina de Touro. Uns ríos que seguen sin remediación nin restauración pasados máis de 30 anos desde que pechaou a actividade mineira na zona.

No momento en que se expón a información pública este proxecto, no Boletín da Provincia da Coruña do 30 de setembro de 2021, o organismo de Augas de Galicia xa contaba cun Informe da Área de Vertidos dese organismo que desaconsellaba este proxecto. Dito documento oficial concluía:

Ese informe salienta aspectos que tamén foron recollidos nas alegacións enviadas por Ecoloxistas en Acción durante o período de información pública desaconsellando este proxecto tal e como estaba plantexado. Entre as razóns argumentadas figuraban:

A planta de tratamento do río Portapego constitúe unha actuación sobre o dominio público hidráulico que require da correspondente autorización de obras ou actuacións sobre o dominio público hidráulico, debendo considerarse para o seu deseño e dimensionamento os obxectivos de calidade do medio receptor. Non límites de vertido, como semella considerar o proxecto agora presentado, xa que non se trata dun vertido de augas residuais senón unha remediación dunhas augas naturais afectadas polo drenaxe ácida de mina.
A planta de tratamento proposta, que actuará sobre as surxencias naturais que dan orixe aos regos de Felisa, Portapego e Rozas (ou Barral), non constitúe unha actividade de vertido senón unha actuación sobre o dominio público hidráulico que require da correspondente autorización de obras ou actuacións sobre o dominio público hidráulico.
As inconguencias sobre quen vai ser a mercantil responsable das actuacións levadas a cabo entre as mercantiles socias.

Ecoloxistas en Acción denuncia que a pesar da ausencia da resolución de Augas de Galicia, continúan as obras do proxecto de drenaxe integral, o que está a derivar en vertidos diarios ao río Pucheiras a partir do desvío xa realizado das augas do Río Portapego e Felisa á balsa do Vieiro, sobrepasada en menos de 2 meses. Sinalan que todo isto está ocurrendo baixo a responsabilidade da Xefatura Territorial de minas da Coruña, sin que se teña en conta a opinión de Augas de Galicia e nin se lle requerira á mercantil ningún permiso.

La entrada Denuncian que continúan as obras na mina de Touro apesar de non ter resolución favorable aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires