- O procedemento, iniciado a petición de Ecoloxistas en Acción, afecta tanto á mina de Varilongo da australiana Pivotal Metals como ao proxecto de mina a ceo aberto de Castriz, da empresa sueca EuroBattery Minerals.
- A concesións mineiras levan abandonadas case 40 anos, durante os que se mantivo ilegalmente a vixencia das concesións, causando contaminación aos regos próximos.
- Ecoloxistas en Acción alerta que non consentirá que se declare a caducidades en que a empresa se faga carga da restauración da mina, valorada en varios millóns de euros.
A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ven de iniciar o procedemento para declarar a caducidade das concesións que conforman o Grupo Mineiro Santa Comba, logo das solicitudes cursadas por Ecoloxistas en Acción xunto con outras entidades ambientais e a propia veciñanza afectada polos dereitos mineiros.
Trátase de 15 concesións, a maioría outorgadas durante a Segunda Guerra Mundial para permitir a explotación de volframio por unha empresa controlada pola Alemaña nazi. A explotación da mina paralizouse en 1986, fai case 40 anos. Aínda que entre 1986 e 1988 se formalizaron autorizacións de suspensión temporal de labores, a actividade nunca se reiniciou.
Logo de varios accidentes graves polos numerosos pozos e chemineas, en 2007 a entón concesionaria presentou un plan de peche e abandono, cun orzamento de 874.000 euros, pero que a Xunta nunca chegou a aprobar, mantendo vivas as concesións ilegalmente. En 2011 mesmo se aprobou un novo proxecto de explotación subterránea, sen someterse a evaluación de impacto ambiental e sen contar con autorización de vertido.
Transcorrida máis dunha década, aquel proxecto nunca chegou a executarse e, agora, Galicia Tin and Tungsten, empresa pantalla controlada pola australiana Pivotal Metals e a sociedade opaca Starboard Global, pretenden tramitar unha nova macromina a ceo aberto de estaño e volframio en Varilongo. En paralelo, a empresa sueca EuroBattery Minerals entregou o proxecto para abrir outra mina a ceo aberto, mas nese caso de níquel e cobre, sobre a Braña da Serra, situada entre Castriz e Salgueiras, nas nacentes do río Xallas. A localización deste outro proxecto tamén está sobre as concesións que a Xunta iniciou o procedemento de caducidade.
Denuncias continuadas por danos ambientais
Ecoloxistas en Acción xunto con outros colectivos ambientais e veciñais ven realizando denuncias continuadas polos impactos severos ao medio ambiente causados pola situación actual das concesións, incluíndo a existencia de vertidos ilegais de augas de mina con elevadas concentracións de metais pesados, a realización de sondeos ilegais ou a falta de restauración de pozos e chemineas que causan un risco permanente á vida das persoas e da fauna. Actualmente Augas de Galicia instrúe un procedemento sancionador por vertidos.
Aínda que desde a organización ecoloxista celebran que se iniciase o procedemento de caducidade, esixen que, de xeito previo á declaración da caducidade, se obrigue á empresa concesionaria a presentar un plan de peche e clausura de modo que a empresa australiana deba restaurar as zonas afectadas e poñer fin definitivo aos vertidos ilegais. Esixen que se obrigue a Pivotal Metals que constitúa unha garantía económica de polo menos 4 millóns de euros que permita facer fronte á restauración e evitar a súa fuga, como xa aconteceu na mina de Monte Neme logo do desastre ambiental de 2014, ano no que se produciu unha falla crítica dunha das balsas de residuos mineiros.
Por outra parte, Ecoloxistas en Acción lembra aos funcionarios e autoridades que son persoalmente responsables pola situación actual e que o propio Tribunal Supremo tense pronunciado no sentido de que a declaración de caducidade dunha condición é “un acto que non é discrecional se non que regrado e que debe adoptarse obrigatoriamente, baixo pena de responsabilidade, se se dan os presupostos previstos pola Lei”.
Esixen iniciar o mesmo procedemento en San Finx
Ecoloxistas en Acción lembra que, ademáis da de Santa Comba, Pivotal Metals tamén controla a mina de San Finx, en Lousame, nunha situación similar. Esa mina foi abandonada en 1989 e só volveu a operar entre 2010 e 2012, logo de que se aprobase de xeito fraudulento un novo proxecto de explotación, non sometido á preceptiva avaliación de impacto ambiental e sen contar coa necesaria autorización de vertidos. A pesar do vertido continuo de achiques de mina con altas concentracións de cadmio, cobre e cinc, as concesionarias nunca foron sancionadas.
Por iso, esixen á Xunta que tamén inicie de oficio o procedemento de declaración de caducidade das concesións de San Finx, obrigando á empresa a depositar as garantías ambientais necesarias para restaurar a zona afectada polas presas de residuos mineiros abandonas, a escombreira e varias ducias de hectáreas nas que existen multitude de chemineas e pozos mineiros abandonados. Neste caso, desde a organización ecoloxista estiman que a restauración pode custar polo menos 20 millóns de euros.
La entrada A Xunta inicia o procedemento para declarar a caducidade das concesións mineiras de Varilongo aparece primero en Ecologistas en Acción.
0 Commentaires