Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Por unhas festas extraordinarias e sostibles

  • Coincidindo co sorteo da Lotería de Nadal, Ecoloxistas en Acción ofrece varias claves para gozar dunhas festas felices, á vez que se contribúe a dar resposta á crise ecosocial. 
  • A organización ecoloxista pon o acento en poder descansar e gozar de plans sinxelos en boa compañía, así como agasallarr ecoloxismo e economía social e solidaria. 
  • Para as ceas e comidas do Nadal, os mellores ingredientes son o comercio local, os produtos agroecolóxicos e os alimentos de tempada.
  • No marco da súa campaña Ecolóxica Esmagadora, Ecoloxistas en Acción promove un consumo responsable a través do activismo animando á sociedade para agasallar compromiso.

Hoxe celébrase o sorteo do Gordo de Nadal, que este ano ten como lema “Un sorteo extraordinario cheo de historias extraordinarias”. Aproveitando esta data, Ecoloxistas en Acción fai a súa pequena achega para ter sorte estes días e gozar dunhas festas extraordinarias, á vez que sostibles. Porque se pode desfrutar e celebrar respectando os límites do planeta e apoiando unha economía xusta e respectuosa coa nosa saúde e o medioambiente.

A organización ecoloxista ofrece cinco propostas para estas datas e para o resto de días do ano. “Fagamos que a calidade de vida, sustentabilidade e felicidade non sexa algo extraordinario, senón a base do noso modelo de desenvolvemento e o motor da sociedade” apunta a organización.

Estas son as súas propostas:

  1. Pratos saborosos e sen pegada ecolóxica. Un ano máis, Ecoloxistas en Acción lembra que comer rico non está rifado co equilibrio ambiental, a xustiza social e o desenvolvemento sustentable. O modelo alimentario é o causante a nivel mundial dun 60% da perda de biodiversidade e de que o 90% das razas autóctonas e gran parte dos cultivos locais estean en risco de desaparición.Tamén contribúe ao quentamento global. Tanto polas emisións directas, por exemplo da gandería industrial, como indirectas, tales como a transformación dos usos do solo, o transporte de longas distancias e a conservación. Ademais, consúmese o dobre de produtos pesqueiros dos que se producen, polo que máis da metade do que consumimos captúrase ou se importa de caladoiros afastados do Atlántico ou do Índico.A receita para combater estes problemas ecossociais, á vez que gozamos de comidas e ceas saborosas, é sinxela: mercar no comercio de proximidade; moitas verduras e froitas de tempada, cultivadas o máis preto posible con criterios agroecolóxicos; reducir o consumo de carne e evitar aquela de orixe industrial, apostando pola gandería extensiva; tamén reducir o consumo de peixe e, en tal caso, que sexa fresco, de proximidade, obtido de forma sustentable, é dicir, por métodos de pesca tradicionais (mirando a etiqueta pódese atopar toda esta información). Co peixe, ademais, pódense evitar as especies que na actualidade están máis sobreexplotadas, como o lagostino e o ollomol, así como as especies cultivadas  con enormes impactos socioambientais asociados como os lagostinos tropicais ou o salmón.
  2. Agasallos que apoien a Economía Social e Solidaria (ESS). Consumo responsable, consumo xusto, consumo consciente ou consumo sustentable non son meras declaracións de intencións. No Estado español existe unha ampla rede de empresas que, desde hai anos, traballa no que se coñece como economía social e solidaria como alternativa ao mercado tradicional. É un modelo que aposta por mudar as dinámicas capitalistas e por traballar a partir dos principios da cooperación, a equidade, o traballo digno, repartición xusta da riqueza, a sustentabilidade ambiental e o compromiso coa contorna.Ecoloxistas en Acción, como entidade que asinou o Manifesto pola Economía Social da Rede de Economía e Alternativas Sostibles (REAS), recomenda de novo que se acuda a este tipo de empresas e comercios para todo tipo de consumo, dende a contratación da enerxía e subministración, ata a cesta da compra. Isto inclúe tamén os agasallos do Nadal, que os hai para todos os gustos e necesidades.Así mesmo, a organización ecoloxista pon o acento en que, á hora de facer agasallos materiais, tamén se pode recorrer ás opcións de troco, reutilización ou creando os nosos propios obxectos; ou mesmo agasallar tempo compartido, o noso ben máis prezado.Por último, Ecoloxistas en Acción insiste en non agasallar animais domésticos –a metade dos gatos e cans que entran nos fogares o fan en forma de agasallo– xa que non son cousas senón que son seres vivos que senten. Se, a pesar de todo isto, quérese agasallar un animal, debería ser sempre mediante a adopción nunha protectora ou refuxio de animais, en lugar de mediante a compravenda. Tamén ten que haber certeza de que a decisión de ter un animal en casa meditouse, e que as persoas que reciben o animal van a comprometerse a coidalo, algo que pode resultar vital á hora de evitar o seu abandono.
  3. Lecer de baixo impacto e alto desenvolvemento local. Para unha parte da sociedade, estas datas veñen acompañadas de días de lecer. Gozar do lecer e as escapadas tamén poden ser unha forma de contribuir ás economías locais, así como de desfrutar da natureza. Bicicleta, excursións, paseos ou plans culturais reportan pracer e contribúen ó coñecemento da nosa contorna e do seu coidado.Con todo, Ecoloxistas en Acción recomenda realizar actividades que eviten danos aos ecosistemas, como pode ser o esquí de pista, que require de estacións de esquí en moitos casos acompañadas de hoteis e urbanizacións en nas zonas de montaña que provocan un gran impacto ambiental. Por iso, se recomenda optar por outras actividades máis sostibles, como o esquí de travesía ou o sendeirismo. Ademais, convida a rexeitar os espazos onde se maltratan ós animais, como son os circos nos que aínda utilizan animais, sexan domésticos ou silvestres, e apostar por aqueles circos que non o fan.
  4. Fóra plásticos. Comidas, agasallos e festas poden contribuír a encher os nosos colectores de plásticos, dos cales só unha pequena parte reciclarase e a maioría acabarán acumulados en entulleiras, quimándose ou dispersándose por ecosistemas terrestres e mariños, e en última instancia fragmentándose en forma de microplásticos.  Os envases supoñen a cuarta parte do lixo que xeramos e os plásticos aumentan cada ano. Con todo, neste Nadal tamén se pode contribuír a unha contorna máis saudable sempre que se aposte, precisamente, por non utilizar plásticos. A comida a granel, os agasallos sen envoltorios, pedir xarras de auga e así non consumir auga embotellada nos restaurantes, botellas reutilizables, bolsas de té, papel reutilizado… Ademais, tamén é importante evitar os produtos que liberan microplásticos: mudando a roupa feita con fibras sintéticas por outra feita por fibras naturais.
  5. Un bo momento para asociarse. Como último punto nesta listaxe de propostas, aconséllase asociarse ou facer doacións a proxectos colectivos, que necesitan do apoio das persoas para saír adiante e amosar que si é posible crear alternativas, como é o caso de Ecoloxistas en Acción dentro da súa campaña de captación de persoas socias, activistas e voluntarias Ecolóxica Aplastante. Agasallar compromiso e activismo é unha boa forma de darlle sentido ás nosas vidas fora do centro comercial.

regala ecologismo

La entrada Por unhas festas extraordinarias e sostibles aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires