Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

Amigas das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción poñen en marcha o proxecto PlasticStork para coñecer o efecto dos plásticos nos niños de cegoña

  • Amigas das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción, dentro da campaña Stop Vertidos Ilegais, lanzan en Ourense a campaña PlasticStork.
  • PlasticStork é un proxecto para coñecer os potenciais efectos tóxicos dos plásticos na cegoña branca e conta coa participación da investigadora Zulema Varela da USC.

Os plásticos, actualmente, están moi presentes nos vertedoiros, no campo ou nas estradas, provintes de residuos da agricultura ou dos xerados nos núcleos urbanos. Nestes lugares a cegoña branca “Ciconia ciconia” tende a recoller materiais para a construción ou alcochado do interior do seu niño. Debido a esta circunstancia, a posibilidade de presenza de plásticos nos niños destas aves é moi elevada. Tendo como consecuencia que estes residuos poderán ser inxeridos por polos e individuos adultos.

Coa finalidade de coñecer os potenciais efectos tóxicos destes materiais na cegoña branca, Amigas das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción Ourense poñen en marcha o proxecto PlasticStork. Un proxecto da man da investigadora Zulema Varela da USC e dentro da campaña estatal Stop Vertidos Ilegais.

Os obxectivos do proxecto son cuantificar a cantidade de plásticos e microplásticos que hai nos niños, nas egagrópilas (bola de restos orgánicos que regurgitan as aves) e nas plumas das cegoñas brancas e determinar os tipos de contaminantes que se atopan na superficie destes resíduos plásticos.

Para conseguir estes obxectivos recolleranse mostras de 10 niños de cegoña branca en Maceda e de 2 niños máis na cidade de Ourense, para contrastar  a diferenza entre unha zona rural como é Maceda e unha zona urbana como a cidade de Ourense. Estas mostras dos niños, xunto coa recollida de plumas e egagrópilas, serán analizadas no laboratorio de Ecotoxicoloxía e Ecofisioloxía Vexetal da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, pola investigadora Zulema Varela.

O proxecto non ten só unha finalidade científica ou de investigación, xa que ao mesmo tempo que se recollen as mostras tamén se limparán os niños e a súa contorna de todos aqueles residuos que poidan ser perigosos para estas aves, cumprindo así co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 15 (ODS15) e a campaña de Stop Vertidos Ilegais de Ecoloxistas en Acción.

Ademais, dentro do proxecto e mediante diferentes actividades de divulgación, Amigas das Cegoñas e o grupo ourensá de Ecoloxistas en Acción tamén pretenden concienciar sobre a cantidade de residuos sólidos que xeramos os seres humanos.

 

PlasticStork proxecto de investigación

La entrada Amigas das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción poñen en marcha o proxecto PlasticStork para coñecer o efecto dos plásticos nos niños de cegoña aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires