Ticker

6/recent/ticker-posts

Ad Code

Responsive Advertisement

A protesta contra as minas de Varilongo e San Finx chega a Londres

  • Activistas de varios países informaron aos inversores sobre a situación real nas minas galegas, cunha forte presenza policial.
  • Denunciáronse as constantes infraccións das empresas, que veñen causando contaminación con metais pesados nos entornos de ambas minas.

Ecoloxistas en Acción e London Mining Network levaron esta semana a Londres as súas denuncias contra Pivotal Metals, a empresa propietaria das polémicas minas de Varilongo e San Finx. A empresa, que lanzaba a súa nova marca na convención mineira “Mines and Money” (“minas e diñeiro”), viuse confrontada cunha acción de protesta por activistas de varios países.

No exterior no centro de convencións repartíronse entre os inversores asistentes unha folla explicativa preparada por Ecoloxistas en Acción na que se detallan as infraccións cometidas pola empresa nas minas de Varilongo e San Finx. A protesta decorreu sen incidentes, con forte presenza da policia metropolitana de Londres.

No interior, membros de London Mining Network dirixíronse ao stand de Pivotal Metals, denunciando a situación ante o diretivo da empresa mineira Steven Turner. E é que, tanto en San Finx como en Varilongo, a falta de dilixencia da empresa concesionaria fixo que se veñan vertendo millóns de metros cúbicas de augas contaminadas con metais pesados aos cauces fluviais próximos, con afección á ría de Noia e ao río Xallas respectivamente.

Ecoloxistas en Acción demanda á Xunta que declare a caducidade das concesión de ambas as dúas minas, e esixa á empresa concesionaria que asuma a restauración ambiental dos pasivos ambientais existentes. Requiren ademais que sexan impostas as garantías financeiras necesarias, de modo a evitar a fuga dunha empresa que, na práctica, está controlada por sociedades opacas con sede en paraísos fiscais.

Pivotal Metals é o novo nome de Rafaella Resources, empresa australiana que controla as dúas minas galegas a través de dúas sociedades interpostas. Esta semana lanzou en Londres a súa nova marca buscando esconder a súa mala prensa e precaria situación económica. Desde que adquiriu a mina de Varilongo en 2019, a empresa pasou dunha cotización bursátil de 13 céntimos por acción a 2 céntimos este ano.

La entrada A protesta contra as minas de Varilongo e San Finx chega a Londres aparece primero en Ecologistas en Acción.

Enregistrer un commentaire

0 Commentaires